INFO

 

  Ola! Son Alfonso Calvo. Toco o contrabaixo e vivo en Santiago de Compostela. Empecei a tocar de xeito autodidacta ós dezaséis anos e algo despois con Quique Alvarado en Estudio-Escola de Música (membro da IASJ, International Association of Schools of Jazz). Tamén recibín clases particulares de Mariano Martos, Kin García, Xacobe Martínez e Alfonso Morán, e rematei os estudios oficiais de Título superior de Jazz-contrabaixo polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña, Master en Jazz pola Escola Superior de Musica de Catalunya (Esmuc) e título de Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela. 

  Na actualidade estou a tocar con Alfonso Calvo Septet, Marcos Teira trio&quinteto, Aló Django, Valentín Caamaño Quartet, Marcel Pascual Quartet, Zumaque e Leira trio.